A Mesa pola Normalización chama á folga estudantil

Dosier: Mobilizacións

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O incumprimento do Decreto de Galeguización do Ensino é o eixe da convocatoria de folga que fai para mañá, 26 de novembro, a Mesa pola Normalización Lingüística. A chamada, dirixida aos estudantes emprega o lema Paremos as agresións ao galego e denuncia os ataques que, segundo explican, "están a se producir case a diario por parte dos sectores máis reaccionarios". A Mesa reclama datos sobre o cumprimento deste decreto e a posta en marcha de medidas de apoio para o profesorado. Canda a esta, diferentes mobilizacións teñen sacudido o ensino e, en xeral, a cultura do país. Coñece algo máis sobre elas no noso dosier.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Normalización Lingüística, Mesa pola Normalización Lingüística, Culturagalega...