O ensino fará folga de se derrogar o Decreto de Galeguización

Queremos galego anuncia ademais outras accións para o conxunto da sociedade

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Sindicatos de profesores e estudantes, organizacións de renovación de pedagóxica e asociacións de pais e nais, entre outros colectivos, promoverán unha folga xeral do ensino no caso de se derrogar o Decreto de Galeguización. A plataforma Queremos galego anunciou onte que asumirá esta folga e que desenvolverá ademais outras medidas dirixidas ao conxunto da sociedade, segundo anunciou onte o seu representante Fran Rei. Desde o sindicato CIG-Ensino, Anxo Louzao denunciou o incumprimento completo das medidas previstas nese decreto e a ausencia dun plan de formación para o profesorado de cara á aplicación do mesmo.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Asociacións, CIG

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares