Escolares de todo o país mobilízanse para esixir o seu dereito a un ensino en galego

Reivindicación nas aulas

28/4/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A Mesa pola Normalización, Galiza Nova, os Comités Abertos de Estudantes e a Mocidade Pola Normalización lingüística chamaron para hoxe aos escolares de todo o país a participar nas mobilizacións para reclamar un ensino en galego. Ademais das manifestacións nas principais cidades do país, está convocado un paro a partir das once da mañá nos centros de ensino. As reclamacións do estudantado céntranse no cumprimento íntegro do decreto que regula as materias mínimas que se deben impartir no noso idioma.

Máis información no web da Mesa e en Vieiros

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Vieiros, Normalización Lingüística

Claves

Entidades
Lugares