A Mesa enviou aos novos deputados e senadores galegos un documento reclamando máis atención ao noso idioma

Vellas demandas para un goberno novo

12/4/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Os novos deputados e senadores galegos terán entre os seus papeis de traballo un documento que lles acaba de remitir a Mesa pola Normalización Lingüística para que o novo goberno lle preste máis atención ao galego. E a Mesa, con Galiza Nova, e os Comités Abertos de Estudantes, organizan unha campaña nos institutos galegos para reclamar a aplicación do decreto 247/95 da Lei de normalización lingüística que regula, entre outras cousas, o número de materias a impartir en galego. E con este mesmo obxectivo convocaron un paro para o vindeiro 28 de abril a partir das 11:00 horas nos centros de ensino.

Máis información no web da Mesa sobre as propostas e sobre as mobilizacións

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Lei de Normalización Lingüística, Mesa pola Normalización Lingüística, Ensino