Non hai nestes momentos cuestión de máis actualidade na nosa cultura do que a proposta de Decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario que deu a coñecer esta fin de semana a Consellaría de Educación. Casualmente, só tres días despois de se publicitar a iniciativa, o Consello da Cultura Galega celebra a segunda xornada do Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia, centrada precisamente nas linguas e o ensino. Abordamos con algúns dos especialistas convidados as eivas do sistema, os retos pendentes e mais a situación na que deixa a nosa lingua a proposta do Goberno Galego.
Do mesmo xeito que na anterior sesión, o Seminario conta coa presenza de especialistas internacionais que amosan difererentes xeitos de abordar a política lingüística no mundo. Nesta xeira, desde a Universidade de Santiago de Compostela, Bieito Silva achegará ao encontro a perspectiva do ensino no caso galego. Silva, un dos maiores especialistas do país nesta cuestión, aposta por un modelo de plurilingüísmo inclusivo a partir do galego. Trátase un paradigma distinto que quere supera o debate viciado entre galego e castelán. Debemos asumir que se debe incorporar ao modelo galego unha reflexión sobre a diversidade lingüística, e unha aposta polo galego como lingua de partida. A partir de aí, hai que incorporar outras linguas, incluíndo as estranxeiras, partindo do respecto e da valoración da diversidade, explica. Isto non é o que se pretende neste decreto coa equidade de trato entre a lingua estranxeira e as oficiais, advirte. A nivel das eivas no sistema, Silva contempla como principal problema o xeito no que se aborda a aprendizaxe de linguas. A grande eiva no ensino das linguas é a nivel didáctico e pedagóxico. As linguas están a se ensinar moi mal. E mudar isto é posiblemente menos polémico do que o actual debate, pero esixe esforzos importantes. E isto serve tanto para o galego como para o castelán e o resto das linguas. Outro problema é a planificación lingüística escolar, e neste campo a aposta que fai o decreto non vai axudar nada a superar as debilidades do galego a nivel social.
O decreto
Á hora de valorar a proposta de decreto para o plurilingüísmo, Silva non dubida en sinalar que o texto resulta decepcionante, por empregar un calificativo. Eu agardaba que houbese máis cambios a respecto das Bases que se presentaran, e paréceme que no substancial non houbo cambio ningún. En especial parecéme decepcionante que non se atendesen dúas indicacións. Por unha banda, e tal e como recollía o ditame do Consello da Cultura, non se debe confundir equidade como meta para as linguas coa igualdade no trato entre elas, sinala. Para el esta obsesión polo 50% sen posibilidade de correccións nos centros para compensar situacións diferentes dunha ou doutra lingua paréceme unha aposta pouco favorable para o galego a nivel de aprendizaxe. E por outra banda crea unha situación moi confusa, concretamente, na educación infantil.
A legalidade lingüística
Alba Nogueira, profesora de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago, centra a súa participación neste encontro no estatus legal da nosa lingua. Nese sentido, analiza cuestións como o Dereito das linguas e os dereitos dos falantes ou, máis polo miúdo, o xeito en que a nosa lexislación trata o galego. Nese sentido, esta xurista ten claro que a proposta de novo decreto ocasiona a desprotección da lingua, na medida en que o mandato do Estatuto e da Lei de Normalización sobre progresividade se incumpre. Ademais, tamén incumpre o compromiso de ofertar liñas basicamente en galego en todos os niveis de educación, tal e como se recolle na Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias. Unicamente un sistema de ensino que contemplase cando menos unha liña exclusiva en galego cumpriría a normativa vixente. A afondar nesta cuestión, apunta que o texto contén incoherencias coa xurisprudencia existente en materia de educación. Hai aspectos como a idea de que os nenos decidan a lingua na que se expresan en cada materia que vai contra a interpretación que se ten feito do dereito á educación e mais do emprego da lingua no ensino. Debe empregarse a lingua que a administración asigna a cada unha das materias. Esa pretendida liberdade redunda en que non adquiran unha competencia oral eficaz, e iso vai en contra de todas as xurisprudencias sobre esa cuestión. O decreto ten moitos puntos discutibles e mesmo pode ser ilegal, conclúe.
As eivas en lingua estranxeira
Un dos puntos fortes cos que o Goberno Galego xustificou a revisión do decreto foi a introdución dunha terceira lingua no ámbito escolar nunha porcentaxe significativa das materias. A medida pretendería mellorar as limitadas competencias lingüísticas de boa parte da nosa poboación. A ese respecto, José Manuel Vez, director do Observatorio Atrium Linguarum da Universidade de Santiago, que tamén participa no Seminario, sinala que o potenciamento das mesmas pasa máis por mudar o método de ensinanza do que por incrementar sen máis as horas. Ao meu modo de ver, un dos problemas fundamentais da aprendizaxe de linguas é unha tradición de que as considera como forma de coñecemento, do mesmo xeito que se fosen contidos de matemáticas ou outras materias, advirte, a sinalar que esta tradición está moi estendida a nivel estatal. Noutros países o eixe no que se vertebra este ensino é mais sobre o coñecemento no uso social das linguas. Desde hai dez ou doce anos estamos nunha mudanza de modelo que se está a notar nos alumnos máis novos, pero que aínda non chegou á sociedade. Cando se acusan as eivas na aprendizaxe lingüística, falamos dunha situación de hai 20 anos. Os rapaces de hoxe teñen mellor competencia comunicativa do que se pensa. Mesmo en chegando a introducir a terceira lingua prevista, ao ensino de idiomas no país fáltalle moito para converxer co ideal recomendado pola Unión Europea, que se basea na idea de dominar as dúas linguas oficias e outras dúas europeas. Estamos cases en pé de igualdade con outros países do noso contorno, recoñece Vez. A cuestión é que os estados teñen agora que facer esforzos para atender a ese compromiso. A idea é que non exista unha única lingua franca en Europa, senón que haxa cando menos dúas en igualdade, conclúe.
A problemática introdución do inglés
Encol as novidades que introduce o novo decreto, Vez recoñe que semella que finalmente o goberno nos fixo caso aos que advertimos que a situación non permitía facer ese modelo trilingüe de xeito doado. Os problemas de formación do profesorado impiden introducir de xeito inmediato esta proposta, tal e como se recollía no primeiro rascuño da nova norma, e levou finalmente a que a introdución do inglés como terceira lingua se demore. O profesorado que temos ten formación para impartir as linguas como materias, non para impartir outras materias en inglés ou en francés, e iso non se pode levar reconvertendo profesores mediante cursiños, explica Vez. Nese sentido, queda nas mans das universidades a formación de novos docentes capaces de se enfrontar ao reto do ensino plurilingüe, o que pode levar anos. Vai depender moito de como o desenvolvan as universidades. Teñen que mudar as súas estruturas, especialmente de cara a formar mestres de primaria e no mestrado para formación de profesorado. Agora mesmo non hai plans de específicos para ter profesores con eses perfís. A resumir a proposta gubernamental, sinala que ese modelo non é novidade ningunha nas seccións bilingües, e a idea é que se faga de xeito xeral, e semella que camiñan nese campo, pero polo momento a medida quedou postergada.