O TSXG admite a trámite dous recursos contra o decreto do Plurilingüismo

Son os presentados polo Sindicato de Traballadores do Ensino e o da RAG

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) admitiu a trámite esta semana dous recursos contra o decreto 79/2010 do 20 de maio, coñecido como o do plurilingüismo no ensino non universitario e que permite a incoporación de linguas estranxeiras como idioma para impartir nas materias. Un deles foi o presentado polo Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia (SETG), o outro o da Real Academia Galega. Estes súmanse ao xa presentado (e admitido) hai uns meses pola Mesa pola Normalización Lingüística contra esta normal. O texto tamén contou cos reparos do Consello Consultivo ao cuestionar a potestade dos país de decidir sobre o idioma de ensino dos fillos.

Que che parece esta nova?
113 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, TSXG, Normalización Lingüística, Mesa pola Normalización Lingüística...