A CIG e a Mesa recorrerán o decreto para o plurilingüismo ante o TSXG

O texto entra hoxe en vigor

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Confederación Intersindical Galega anunciou onte que vai presentar un recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra o decreto para o plurilingüísmo no ensino, que entra hoxe en vigor. O secretario do sindicato, Anxo Louzao, denunciou que a nova norma despreza a capacidade e o criterio pedagóxico do profesorado. O presidente da Mesa pola Normalización confirmou tamén que o colectio presentará un recurso a este texto que se alicerzará nos relatorios elaborados pola Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e, “de forma especial, polo seu altísimo nivel xurídico”, polo Consello Consultivo.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TSXG, CIG, Consello da Cultura Galega, Real Academia Galega...