O plenario da Real Academia Galega (RAG) acordou presentar
recurso de amparo perante o Tribunal Constitucional "contra a recente sentenza do Tribunal Supremo sobre o previo recurso de casación relativo á sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia verbo do Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia". A institución daba a coñecer onte a súa resolución que razoa a indicar que o Decreto vulnera "o dereito fundamental á igualdade" das persoas galegofalantes. Ademais, o texto do recurso sinala que "dito decreto perpetúa a situación de inferioridade da lingua galega, afondando nos prexuÃzos contra a mesma, ao excluÃr taxativamente o seu uso nas materias de contido cientÃfico”.
O recurso de amparo presentado pola RAG está fundamentado nos seguintes argumentos:
1. A Constitución e o Convenio Europeo de Dereitos Humanos consagran o dereito fundamental á igualdade e a non sufrir discriminación por calquera circunstancia persoal.
2. O dereito á igualdade consagrado na Constitución refÃrese a unha igualdade material, o que obriga aos poderes públicos a promovela removendo os obstáculos que se interpoñan para acadala. Isto débese materializar en accións positivas de promoción das persoas ou colectivos historicamente marxinados.
3. En materia de lingua, estas medidas de acción positiva acóllense baixo a denominación de "normalización lingüÃstica".
4. O mandato a prol da normalización lingüÃstica está legalmente fundamentado en:
a. O artigo 3.3 da Constitución Española, que sinala que "a riqueza das distintas modalidades lingüÃsticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección".
b. O Estatuto de AutonomÃa de Galicia, que no seu artigo 5.3 establece un claro mandato aos poderes públicos, que "garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento".
c. A Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias subscrita polo Reino de España no máximo nivel de compromiso, e que segundo os sucesivos informes do Comité de expertos nunca foi enteiramente cumprida. Os compromisos formalmente adquiridos polo Estado español en materia de ensino están recollidos no artigo 8 desta e obrigan a ofrecer unha educación preescolar, primaria, secundaria, técnica e profesional garantida en lingua galega
d. A Lei de Normalización LingüÃstica, que insiste no dito mandato normalizador da lingua galega e o concreta en diversos ámbitos, nomeadamente o ensino (TÃtulo III).
e. A propia xurisprudencia do Tribunal Constitucional ten establecido que ambas as linguas oficiais (galego e castelán) deben ter unha presenza no ensino suficiente para garantir a consecución do obxectivo de igualdade.
5. O Decreto 79/2010 da Xunta de Galicia, que di desenvolver a LNLG, en realidade está en aberta contradición con esta, obviando o concepto de normalización e anunciando no preámbulo un cambio do marco legal, pese a que se trata unicamente dunha norma para o desenvolver.
6. O máis grave é que o dito decreto perpetúa a situación de inferioridade da lingua galega, afondando nos prexuÃzos contra a mesma, ao excluÃr taxativamente o seu uso nas materias de contido cientÃfico.