A Xunta elaborará unha estratexia integral para a cultura galega

Proporá actuacións secuenciadas ata 2021

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou onte tralo Consello da Xunta, a posta en marcha dunha Estratexia integral para a cultura galega con dous obxectivos: "centrarse en garantir a máxima difusión da actividade cultural de base en todo o territorio de Galicia e a cidadanía, ademáis de asentar un tecido social e empresarial". O plan tomará como eixos sectoriais o editorial, as letras, o audiovisual, musical, artes escénicas, o patrimonio cultural e outros. O plan terá tres fases, nas que segundo a Xunta colaborarase cos diferentes axentes para identificar feblezas e fortalezas, liñas de acción e finalmente a redacción das medidas e dos plans de acción.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Xunta de Galicia, Alberte Núñez Feijoo

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos