Feijoo anuncia a creación dun Plan da Cultura Galega

Asegura que o proxecto contará coas achegas de representantes dos diferentes sectores

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A coincidir coa entrega dos Premios da Cultura de Galicia, que se celebrou onte na Cidade da Cultura, o presidente da Xunta o presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo, anunciou que o seu goberno pretende desenvolver un Plan da Cultura Galega. "Definir entre todos e para todos as liñas mestras da cultura galega nos próximos anos" é o obxectivo deste programa, para o que a Xunta asegura que vai contar coas "achegas e reflexións dos principais axentes dos distintos sectores culturais". Para Feijoo, este futuro plan vai ser "unha ferramenta de traballo imprescindible que permita fixar unhas bases de planificación a medio prazo do futuro cultural de Galicia, centradas en estruturar e priorizar as liñas fundamentais de actuación no ámbito cultural".

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cidade da Cultura de Galicia

Claves