O establecemento de redes e de circuÃtos de actividade cultural, a dixitalización e mos "modelos de financiamento público-privado" serán tres eixes fundamentais do Plan da Cultura Galega que a Xunta prevé desenvolver este ano. Asà o asegurou o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que compareceu onte no Parlamento para adiantar as liñas de traballo do seu departamento. O plan entrará agora nunha fase de debate no que participarán diferentes administracións e sectores da cultura.
En canto ao Plan Director do Libro, comezará neste mesmo mes o traballo para a súa elaboración, contando con diferentes axentes deste sector e coa dinamización lectora, os formatos e contidos dixitais e mais a mellora da Rede de Bibliotecas como eixes.
Lorenzo adiantou tamén que nas vindeiras semanas se convocarán as axudas a consellos, asociacións e entidades sen ánimo de lucro para actividades de carácter cultural e a mellora de equipamentos.
De xeito paralelo, a ConsellarÃa está a desenvolver un proceso de diálogo con diferentes entidades do sector cultural con vistas de desenvolver estratexias de innovación que permitan aproveitar novas axudas europeas. Representantes de colectivos do audiovisual, a escena, o libro, a música ou a xestión cultural participan nesta iniciativa con vistas a elaborar un documento que recolla as prioridades e retos do sector.