O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román RodrÃguez, compareceu onte no Parlamento de Galicia para presentar as liñas estratéxicas do seu departamento para esta lexislatura. Antes de xullo, neste primeiro semestre do ano, darán comezo, segundo Román RodrÃguez, os encontros previstos co sector cultural para avanzar na elaboración da agardada estratexia da Cultura Galega 2021 da que xa informara o presidente da Xunta o pasado mes de xaneiro. O conselleiro avanzou que dita estratexia levará á elaboración dun Plan EspecÃfico da Lectura e un Plan do Audiovisual con horizonte de cinco anos. RodrÃguez asegurou que neste perÃodo potenciaranse as redes de programación cultural dependentes da AGADIC e tamén se definirá un plan de usos para a estrutura do espazo non rematado na Cidade da Cultura.
Ademais de comentar outras previsións que xa se foron coñecendo en meses pasados o responsable da polÃtica cultural do goberno autonómico avanzou tamén que se esta a preparar, xunto co departamento de Xuventude , un Plan de dinamización do uso da Lingua Galega entre a mocidade. Coa fin de englobar e proxectar baixo unha mesma imaxe pública a creatividade nos diferentes ámbitos, o conselleiro avanzou a creación dunha marca ‘Galicia CreativaÂ’, que servirá tamén como ferramenta para a proxección exterior da cultura galega. Actualmente xa existe un programa de axudas con este nome convocado en 2015 pola Fundación SGAE co apoio de AGADIC que consiste nunha serie de axudas nos distintos pasos do proceso de produción discográfica para os autores e intérpretes emerxentes galegos. No eido do patrimonio Román RodrÃguez anunciou como novidade que está prevista a elaboración e aprobación de instrumentos como o Decreto polo que se regula a composición e funcionamento da Comisión Mixta Xunta-Igrexa Católica, o Convenio marco de habilitacións para que os concellos podan autorizar intervencións en determinados bens patrimoniais e as súas contornas de protección, e o Decreto polo que se crean os Consellos Territoriais, o Consello Asesor dos Camiños de Santiago e a Comisión Técnica de ArqueoloxÃa.