O director xeral de PolÃticas Culturais, Anxo Lorenzo, compareceu esta mañá ante a Comisión Cuarta do Parlamento para presentar a Estratexia da Cultura Galega 2021. Logo dunha demorada elaboración na que participaron, segundo explicou, un total 490 persoas do sector en 23 encontros e grupos de traballo, o documento que guiará a acción cultural da Xunta someterase a exposición pública "nos vindeiros dÃas", segundo asegurou.
No seu adianto sobre os contidos desta estratexia, entre os que non deu a coñecer datos económicos, Lorenzo sinalou a existencia de seis liñas de traballo que inclúen o establecemento dun pacto pola cultura galega e a consolidación das Industrias Culturais e Creativas, con medidas de apoio especiais a sectores emerxentes como o turismo cultural, os videoxogos ou o deseño. Canda a isto, traballarase no impulso da creación, distribución e acceso cultural con especial atención á innovación, e no fortalecemento da función social das institucións e entidades da cultura, a incluÃr neste ámbito bibliotecas, arquivos, fundacións ou museos. A valoración do patrimonio cultural como recurso endóxeno, e o posicionamento internacional da Cultura Galega, con especial interese polo Camiño de Santiago, o a papel da Galicia Exterior e mais a LusofonÃa son os últimos dous eixes deste plan.
As seis liñas de traballo desenvolveranse nun total de 34 obxectivos. Entre estes, vencellada á idea dun pacto pola Cultura, Lorenzo adiantou o desenvolvemento dun consello de cooperación entre administracións locais e Xunta coa cultura como elemento central. No mesmo sentido, apuntou a intención de que todos os concellos con máis 20.000 habitantes desenvolvan cadanseu plan cultural. Do mesmo xeito, incidiu na necesidade de optimizar os equipamentos e servizos culturais.
O Director Xeral destacou que a aplicación da estratexia vai implicar novos desenvolvementos normativos na forma de leis e regulamentos, plans para sectores concretos canda a propostas transversais e o desenvolvemento de novos órganos de asesoramento e cooperación co ámbito da cultura.