Recompilar todos os datos turÃsticos dispoñibles sobre o noso paÃs desde 1999 e desenvolver novas ferramentas estatÃsticas para coñecer o sector. Estas son algunhas das tarefas do Observatorio do Turismo de Galicia, a entidade que presentaba esta mañá Carmen Pardo, secretaria xeral para o Turismo da Xunta. O Observatorio pretende, segundo explicou, "establecer un mecanismo de análise e avaliación do sector, observando as dinámicas de comportamento e tendencias do mesmo no medio e longo prazo". Nese sentido desenvolveranse ferramentas como un software especÃfico para conseguir datos dos propios establecementos turÃsticos ou un sistema máis amplo de enquisas aos visitantes. Cuestións como o tráfico nos aeroportos, a demanda turÃstica ou o excursionismo desde Portugal tamén serán atendidos deste a entidade, que se integra no Instituto de Estudos TurÃsticos.