Un posto de 1.400 metros cadrados representará Galicia en FITUR

O Xacobeo centrará a promoción do país

11/1/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: turismo
26 lecturas | Compartido 0 veces
Un total de 1.400 metros cadrados para dar a coñecer Galicia entre os operadores turísticos. A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, presentaba o pasado venres a oferta que o noso país vai achegar entre o 20 e o 24 de xaneiro á Feira Internacional do Turismo de Madrid (FITUR). Malia a que o Xacobeo centrará a presenza do noso país no evento, o posto acollerá actividades e material promocional doutras 17 entidades de promoción turística de carácter local ou provincial. En total desenvolveranse 18 presentacións e haberá ademais degustacións grastronómicas e propostas coma unha sala-relax para os visitantes.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Entidades
Lugares