Galicia achega a súa oferta turística a FITUR

Deportes, gastronomía e turismo náutico e termal centran as presentacións no evento

| Santiago. Redacción | Seccións: Turismo
Compartir:

Madrid acolle esta semana, entre os días 17 e 19, a Feira Internacional de Turismo, principal evento do sector a nivel estatal. Como é habitual nesta cita danse a coñecer as novas iniciativas para atraer visitantes ao noso país, desta volta nun posto de mil metros cadrados con ambientación pacega. Na presentación desta delegación, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou a aposta autonómica polos Parques Naturais, e en particular polo das Illas Atlánticas como destinos turísticos nesta nova edición. O programa de presentacións que artella Turismo de Galicia en colaboración con concellos, empresas e outras institucións conta ademais cunha importante presenza de propostas arredor do deporte (surf, golf, vela ou triatlón), a gastronomía (coa feira Xantar ou o viño do Ribeiro, a guía gastronómica de Lugo ou os lagares rupestres de Galicia) e diferentes propostas vencelladas ao turismo termal, como son Termatalia, ou o Club da Auga.

No ámbito cultural, o 525 aniversario da arribada da caravela Pinta a Baiona, as actividades da Cidade da Cultura, a nova ruta Rosaliana de Padrón, Ames e Brión ou o Festival do Mundo Celta de Ortigueira son as principais citas presentes na feira.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Feira, Gastronomía, Turismo de Galicia...