A cultura e o patrimonio galego trouxeron un millón de visitantes en 2010

As viaxes realizadas por motivos culturais supuxeron 227 millóns de euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A cultura e o patrimonio galego trouxeron un millón de visitantes en 2010

O Ano Santo nótase realmente no turismo. Así o din as enquisas do Instituto de Estudos Turísticos (Movimientos turísticos en Fronteras;FRONTUR) e Encuesta de Gasto Turístico (EGATUR) a propósito dunha explotación específica feita polo Observatorio da Cultura. Segundo as súas análises, desde 2006 non se obtén un dato tan positivo de visitas de residentes en España (574.200), case 90 mil viaxes máis que en 2009. “Deste xeito, segundo informa o Observatorio, Galicia é a sexta comunidade autónoma preferida polos turistas culturais españois”. E iso tradúcese en máis de 227 millóns de euros en viaxes realizadas principalmente por motivos culturais, cantidade superada só por Andalucía e Cataluña.

En canto ao gasto por persoa, segundo esas mesmas fontes os galegos foron os que menos gastaron en 2010 en viaxes realizadas por motivos culturais, cun gasto de 80 euros por habitante, 67 euros por debaixo da media estatal.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Andalucía, Cataluña, Medios de comunicación...