Hai xa anos que no noso paÃs se están a multiplicar as iniciativas públicas e privadas que apostan polo turismo cultural como alternativa económica. No entanto, semella que este reclamo non acaba de callar entre os visitantes. Os datos que analizou o Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega amosan un descenso continuado no número de turistas que veñen ao noso paÃs por motivos culturais, especialmente no caso de visitantes españois. Pola contra, a xente que vén doutros paÃs segue a tendencia a gastar cada vez máis nas súas viaxes.
En total, en 2013 viñeron 783.300 persoas atraÃdas por este motivo, dos cales un 55.2% eran estranxeiros e o 44,7% españois. En conxunto deixaron no noso paÃs 683,6 millóns de euros, 11 millóns menos do que no ano anterior.
Menos estranxeiros
A seguir a tendencia dos últimos anos, o interese pola cultura continúa a diminuÃr entre os visitantes que se achegan cada ano ao noso paÃs. Faino menos entre os estranxeiros que nos visitan, que pasaron de 440.000 en 2012 e 432.600 en 2013, último ano con datos. Isto supón que Galicia atrae unicamente o 1,3% dos viaxeiros foráneos que realizan actividades culturais en todo o Estado, unha porcentaxe que diminúe de xeito continuo desde o 2% que acadaba en 2007.
Máis gasto
Pola contra, mantense a tendencia á alza no gasto dos visitantes estranxeiros que fan actividades culturais. A media situábase en 2013 en 1.298 euros, fronte aos 1.236 de 2012 e moi por riba dos 917 que deixaban por cabeza en 2007.
Visitantes españois
Onde se deixa sentir máis o descenso do noso atractivo cultural é nos visitantes chegados de España. Un 28,6% por cento menos en 2013 a respecto de 2012 confirma a tendencia que se mantén desde 2010 e que rachou o movemento ascendente de anos previos. No entanto, medrou neste último ano o gasto por cabeza, que pasou de 304 a 348 euros, o maior nos destinos culturais españois.
Peregrinos
O que continúa a medrar é a afluencia de peregrinos, que bate marcas cada ano e que ademais están a mudar o seu perfil. AsÃ, en 2014 a Oficina do Peregrino tivo constancia de 237.886 chegadas, unha cifra que se achega ao máximo do Ano Santo de 2010, cando foron 272.135. Destes, nada menos que 124.259 era estranxeiros, un grupo que medra de maneira continua ao longo dos últimos anos. En canto a españois que peregrinan, rexÃstrase un lixeiro ascenso a partir de 2012, cunha cifra de 113.624.
Informe do Observatorio da Cultura Galega sobre o Turismo Cultural en Galicia.En total, en 2013 viñeron 783.300 persoas atraÃdas por este motivo, dos cales un 55.2% eran estranxeiros e o 44,7% españois. En conxunto deixaron no noso paÃs 683,6 millóns de euros, 11 millóns menos do que no ano anterior.