Descenden as exportacións culturais galegas

O saldo da balanza comercial do sector é positivo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

En 2008 Galicia exportou produtos culturais por valor de 6.785,5 millóns de euros e importou o equivalente a 11.580,2 millóns nestes bens. A explotación que realizou o Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega dos datos de Comercio Exterior do Instituto Galego de Estatística revelan que as vendas están a descender no noso comercio exterior cultural. Entre outras cuestións, a análise revela que continúan a ser os produtos editoriais os que son máis exportados, con 5.200,5 millóns de euros en 2008, seguidos do audiovisual, cunhas vendas fóra de España de 1430,8 millóns e con saldos positivos nos dous casos.

Os obxectos de arte son, pola contra, os que obteñen un resultado máis negativo na balanza comercial, con 86,8 millóns exportados e 4.200,6 adquiridos. No entanto, as restricións legais que existen para exportar este tipo de material, explican en boa medida estes resultados.


A táboa reflicte a evolución histórica das importancións e exportacións de bens culturais sen incluír, polas súas peculiaridades, os obxectos de arte.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Instituto Galego de Estatística, Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega, Culturagalega