A Igrexa posúe nas sete cidades galegas bens por un valor catastral de máis de 280 millóns

Os datos corresponden a máis de 500 bens entre igrexas, mosteiros e outros inmobles

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Igrexa Católica dispón nas sete cidades galegas de mais de 500 bens (nos que figuran desde igrexas parroquiais, catedrais, mosteiros e pazos, ata vivendas en alugueiro ou hortas) que representan un valor catastral de máis de 280 millóns de euros, segundo informa Faro de Vigo, o cal significa un valor moi superior no mercado de vendas. As cidades con máis bens son Santiago de Compostela e Lugo, con 111 propiedades en cada un deses termos municipais. E é Santiago, con 92 millóns, e Vigo, con case 46 millóns de euros, as que teñen valores catastrais municipais máis altos. Nestes datos non se computan as estensas propiedades da institución relixiosa no rural galego. A Igrexa Católica non tributa por estas propiedades.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Faro de Vigo, Lugo, Santiago de Compostela

Claves

Entidades