A Catedral de Santiago cobrará por ver o botafumeiro. Na actualidade xa se paga polo acceso aos tellados e mais aos subterráneos da catedral. Ao tempo, institucións públicas coma a ConsellarÃa de Cultura e privadas, coma a Fundación Barrié, invisten cada ano millóns de euros na recuperación do patrimonio eclesiástico. Entre o interese público e a función relixiosa, os bens da Igrexa sitúanse nun punto complexo do noso sistema cultural.
Calcúlase que un 70% do patrimonio histórico e artÃstico galego está en mans da Igrexa. Dentro desta porcentaxe inclúense desde enormes edificios dun fundamental valor a pequenas capelas espalladas polos máis agochados recantos da nosa xeografÃa. A isto, hai que engadir un inmenso patrimonio moble no que podemos contar desde os grandes retablos das catedrais ou as masas inxentes de documentos dos arquivos eclesiásticos ata pequenos relicarios e outras facturas artesanais. A importancia destes bens pode parecer excesiva no conxunto galego, pero, segundo explica Felipe Arias, director xeral de Patrimonio, “cando se baralla a cifra do 70% é porque é o habitual nas culturas nas que nos movemos. O cálculo é semellante noutras comunidades autónomas. Teriamos que ter un inventario completo ao 100% para o saber con exactitude”.
O inventario
Precisamente para o vindeiro ano está previsto que finalice un inventario que nos pode dar a coñecer máis esta realidade. “Estamos a falar dun catálogo de bens mobles de patrimonio eclesiástico, que se fai desde hai anos por un convenio entre Igrexa e Estado. En Galicia execútao o Museo de Pontevedra e agardamos que estea acabado para 2008”, lembra Arias. “Desde que nós collemos o proxecto, en 2005, o que se tentou é que fose o máis perfecto e interdisciplinar posible. Hai que pensar que é un inventario complexo, xa que os bens mobles van desde candeeiros a cruces profesionais, imaxes ou custodias”.Este traballo permitirá ter documentadas de xeito homoxéneo e estandarizado todas as pezas deste tipo que existen no paÃs, o que facilitará enormemente a súa identificación en caso de roubo ou desaparición.
Investimentos públicos
Para protexer e recuperar estes bens, a consellarÃa de Cultura investiu o pasado ano arredor de seis millóns de euros, aos que se suman 375.000 do convenio que mantén a Xunta coa Igrexa neste campo e os 100.000 que supón o custo anual do mencionado catálogo. “Nos investimentos da ConsellarÃa hai moitas actuacións que se refiren ao patrimonio eclesiástico. Destinamos fondos a arquivos diocesanos, catedralicios ou convenios con museos. Boa parte dos acordos que se fan en conservación e restauración son en patrimonio eclesiástico”, explica Arias. O Xacobeo, das Deputacións, ou o Consorcio de Santiago son aÃnda outros organismos públicos que achegan axudas para a recuperación deste tipo de bens.
Accións eclesiásticas
Para alén dos investimentos públicos, tamén a Igrexa desenvolve actuacións a prol do seu patrimonio. “A igrexa ten comisións diocesanas de arte sacra cos seus propios responsables”, lembra Arias. “En ocasións colaboran con nós e outras fan actuacións por elas mesmas, retellando unha igrexa ou desenvolvendo outras iniciativas”, sinala. As actuacións públicas e eclesiásticas arredor do patrimonio organÃzanse a través dunha subcomisión especÃfica na que cada mes representantes das dúas partes analizan os expedientes sobre actuacións en bens deste tipo. Dentro do labor de recuperación do patrimonio que fai a institución relixiosa, teñen especial importancia os museos catedralicios de Ourense, Compostela, Tui, Lugo, Mondoñedo, ou os de Arte Sacro de Iria Flavia ou Monforte, entre outros que a Igrexa mantén no paÃs. “Estes centros cumpren un papel fundamental dentro da Rede de Museos de Galicia. Algúns teñen problemas propios coma a limitación de horarios de visita. Ademais a propia especificidade dos contidos marca un tipo de público e de actividade, pero forman un conxunto importante nos museos galegos”, lembra o responsable de Patrimonio. Obxectos e roupas litúrxicas, exemplos de arte sacra, libros ou relicarios compoñen boa parte dos fondos destes espazos. A isto débese sumar a fundamental importancia dos arquivos eclesiásticos, que supón un material inigualable para coñecermos o noso pasado.
Apoios privados
Para alén dos investimentos públicos e dos orzamentos propios que a Igrexa destina á recuperación deste patrimonio, tamén existen iniciativas privadas destinadas a garantir a súa conservación e difusión. Entre os proxectos de máis sona está o apoio que a Fundación Barrié deu á recuperación do coro pétreo e mais do lÃgneo da catedral de Santiago ou á actual restauración do Pórtico da Gloria. Outro exemplo neste sentido é a catalogación de bens eclesiásticos que desenvolve, mediante un proxecto plurianual, a Fundación Caixa Galicia na Diocese de Santiago, que ten asinado tamén convenios con outros bispados, coma o de Mondoñedo-Ferrol ou o de Lugo.
Problemas propios
A alta antigüidade dos edificios e da maior parte dos bens dos que falamos supón un bo quiñón da problemática deste patrimonio. Nos últimos quince anos, por exemplo, fixéronse intervencións no 70% dos edificios propiedade da Igrexa. “Hai unha conservación moi irregular, porque son bens moi diversos. Van desde pezas metálicas a moitas de madeira, e en Galicia a madeira sufre. Entón a propia configuración material do patrimonio supón un problema, que se vai atallando con programas coma o de retablos ou pinturas murais”, recoñece o responsable de Patrimonio. O despoboamento rural achega tamén unha problemática especÃfica a boa parte destes bens. “O despoboamento fai que moitas igrexas do medio rural abran só unha vez á semana ou cada quince dÃas, e iso incide na súa conservación”.
O illamento
Ao tempo, este escaso emprego facilita o roubo dos seus obxectos artÃsticos ou os actos vandálicos. “Isto xa ven de vello, calquera que coñeza o mercado de antigüidades desde hai corenta anos sabe que boa parte do material é de procedencia eclesiástica. O que acontece é que a situación vese agravada polo abandono do rural”. Na provincia de Ourense, por exemplo, son comúns as novas sobre asaltos a pequena igrexas con fins lucrativos, e a conta xa rolda a media ducia de asaltos denunciados neste 2007. Ao tempo, este relativo illamento de moitos templos dificulta a súa apertura ao público. Precisamente para atallar no posible esta problemática é que se está a traballar no catálogo de bens mobles xa citado.
Cobrar por entrar na igrexa
Unha cuestión que xera certo debate sobre os investimentos públicos en bens eclesiásticos é a accesibilidade aos mesmos. Horarios de apertura ou mesmo o cobro por determinados servizos provocan polémica entre moitos dos asistentes. AsÃ, por exemplo, o recente anuncio de que o cabido catedralicio de Santiago cobrará por ver o botafumeiro en acción ou a taxa que cobra o mesmo templo por visitar os tellados ou a cripta teñen os seus detractores. “Se a administración pública inviste en bens de titularidade eclesiástica ten que haber unha contraprestación e deben poder visitarse”, explica Arias, que tamén advirte que “é habitual que se cobre por entrar en monumentos ou museos, e isto aplÃcase tamén aos eclesiásticos en grande parte do noso contorno. Podemos ver como cobran na catedral de Sevilla, na de Burgos ou na de Salamanca”, lembra. “En xeral, polo mundo estase xeneralizando isto dentro da idea de que para empregar o patrimonio hai que pagar, pero en Galicia iso aÃnda soa raro. Houbo unha experiencia en Tui que levantou bastante po”. Está por ver se no futuro teremos que nos afacer a pagar por entrar nestes templos, e se iso incide nunha mellor conservación dun patrimonio que non por estar en mans privadas deixa de ser de todos.