O patrimonio da Igrexa en Galicia supera os 426 millóns de euros

Contabilízanse un total de 7.691 inmobles relixiosos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O valor que catastro lle outorga, de media, a cada igrexa galega ronda os 85.000 euros. Unha cifra que fai pública Galicia Hoxe que tamén ofrece a canto ascende o patrimonio total que ten a igrexa no noso país: a 426 millóns de euros. En total, contabilízanse 7.691 inmobles relixiosos espallados polas catro provincias, unha cifra que a converte na segunda comunidade do Estado con máis edificacións deste tipo. A reportaxe publicada neste xornal, tamén fai referencia ao caso concreto de Santiago, onde se concentran 91 bens e o seu valor catastral ascende a 61.5 millóns de euros.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Hoxe, Medios de comunicación

Claves

Entidades