Malia a que as contÃas non chegan ás de sectores coma a automoción ou o turismo, Galicia tamén conta con exportacións e importacións de carácter cultural. Obras de arte, libros, produtos audiovisual e outras obras entran e saen do noso paÃs. En 2007 as vendas ao exterior supuxeron máis de nove millóns de euros, mentres a importacións ascenderon a once millóns e medio. O Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega achéganos unha primeira aproximación a esta balanza comercial da nosa cultura.
Os datos do Observatorio de Cultura proveñen dunha análise do informe Comercio exterior e intracomunitario do Instituto Galego de EstatÃstica. En concreto, contempláronse "os epÃgrafes sobre produtos editoriais, cinematográficos, obras de arte e mais instrumentos e música", explica HÃ¥kan Casares desde o Observatorio. "Existen outros nos que se inclúen produtos culturais, pero non é posible diferencialos doutros".
A evolución da balanza
Entre 2000 e 2007 Galicia obtivo un saldo comercial positivo das súas importacións e exportacións de bens culturais unciamente nos anos 2002 e 2006. No resto do perÃodo contemplado, importáronse máis bens dos que se venderon ao exterior. Os produtos editoriais están á cabeza das nosas exportacións (7.870.000 euros en 2007) seguidos polo audiovisual (1.638.000 euros nese mesmo ano). De feito, son os produtos editoriais os que provocan o movemento ascendente da balanza en 2002 e 2006, que foron anos extraordinarios neste campo: Os máis de doce millóns de euros de exportación editorial de 2002 triplican os do ano anterior e os dez millóns de 2006 son o doble do que se movera en 2005. No resto dos epÃgrafes a variación neste perÃodo e escasa, cunha tendencia á alza na exportación de produtos artÃsticos.
A distribución territorial
Por provincias, obsérvase un abrumador predominio das franxa atlántica neste campo. "A concentración de exportación na Coruña e Pontevedra relaciónase cunha maior presenza de empresas, especialmente editoriais", explica Casares. Nese sentido resulta curioso comprobar que A Coruña é a única provincia cunha balanza comercial positiva no último ano.
Os mercados
América Latina é, cando menos nos últimos anos, a área na que obtemos uns mellores resultados comerciais no último ano que se contempla na serie. Foron para alá bens por un total de 974.000 euros e viñeron 194.700. Pola contra, Europa é o noso principal fornecedor de produtos deste tipo. Estados Unidos e, de xeito curioso, China, aparecen tamén coma axentes destacados nese intercambio cultural e comercial.

Comercio exterior e intracomunitario segundo seccións e capítulos TARIC | ||||||
Galicia / Miles de euros | ||||||
Exportacións/Expedicións | ||||||
2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | |
Produtos fotográficos ou cinematográficos | 1735 | 1450,3 | 863 | 1077,8 | 951,1 | 1638,2 |
Produtos editoriais, da prensa ou doutras industrias gráficas; textos manuscritos ou mecanografados e planos | 12037,7 | 6847,6 | 5052,9 | 5094,4 | 10352,7 | 7870,2 |
Instrumentos de música; partes e accesorios destes instrumentos | 66,9 | 12,2 | 3,2 | 160,9 | 73,3 | 39 |
Obxectos de arte, de colección ou de antigüidade | 20,6 | 59,1 | 56,6 | 77,3 | 48,4 | 187,9 |
Total | 13860,2 | 8369,2 | 5975,7 | 6410,4 | 11425,5 | 9735,3 |
Importacións/Introducións | ||||||
2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | |
Produtos fotográficos ou cinematográficos | 4125,4 | 2056 | 2243,4 | 1978,7 | 1770 | 2436,2 |
Produtos editoriais, da prensa ou doutras industrias gráficas; textos manuscritos ou mecanografados e planos | 4546,5 | 5835,4 | 6160,6 | 5086,9 | 5180,4 | 5102,4 |
Instrumentos de música; partes e accesorios destes instrumentos | 109,1 | 167,4 | 206,2 | 255,5 | 398,2 | 505,7 |
Obxectos de arte, de colección ou de antigüidade | 333,2 | 4431,8 | 635,5 | 708,5 | 1623,2 | 3493,9 |
Total | 9114,2 | 12490,6 | 9245,7 | 8029,6 | 8971,8 | 11538,2 |
Explotación específica do Observatorio da Cultura Galega a partir da elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados pola Agencia Estatal de Administración Tributaria | ||||||
Os datos do ano 2007 son provisionais. I.G.E. - Instituto Galego de Estatística |