Semella que, ante a crise, á xente dálle por ler. Cando menos, asà o suxiren os datos da Federación de Gremios de Editores de España, que apuntan que en 2007 venderon 251 millóns de exemplares, un 10% máis do que no ano anterior. Tamén a facturación tivo o seu incremento, un 3,6%, o que supón 3.123 millóns de euros. Canda a estes datos, correspondentes ao Estudio de Comercio Interior do Libro, os Editores presentaron tamén os datos sobre Comercio Exterior, onde tamén se verifica un crecemento, que lles permitiu ata os 554 millóns de euros facturados.