A edición en galego medrou un 28 por cento en 2010

A Federación de Gremios de Editores adianta os resultados do comercio de libro en 2010

5/7/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O número de libros editados en galego incrementouse durante 2010 nun 28,8%. A Federación de Gremios de Editores de España facía público onte un adianto do seu Estudio de Comercio Interior del Libro en España. Este ascenso é o maior de todas as linguas de edición do Estado, moi por riba do 5,6% en que medrou a produción en castelán, o 3,5% do éuscaro ou o 0,7% en catalán. en total, os editores galegos supoñen o 1,1% da produción do Estado, no sexto posto por tras de Madrid, Cataluña, Euskadi, Andalucía, Castela e León e mais Valencia. No conxunto do estado, a facturación descendeu un 7% en 2010 a respecto do ano anterior, sen que polo momento os editores publicasen datos específicos sobre o noso país para ese período. A tiraxe media a nivel estatal descendeu de 3.790 exemplares por título, 612 exemplares menos do que en 2009. A tendencia á diminución de tiraxes é unha constante nos últimos anos tamén a nivel galego.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Federación de Gremios de Editores, Castela, Castela e León...