Increméntase a produción editorial en Galicia, segundo os datos da Federación de Gremios de Editores

As cifras dos libros

O pasado ano incrementouse un 10,3% da edición de libros en galego, situándose así 1.706 títulos, dos que un 79% se fixeron no noso país. Así o afirma a Federación de Gremios de Editores no seu Informe "Comercio interior del libro en España 2005". En total a edición en galego supón un 2,5% da produción estatal de libros. Só no noso país, as editoras lanzaron 1.626 obras, un 2,3% máis do que en 2005, cunha tiraxe media de 2.104 exemplares, o que supón un incremento dos máis importantes do estado. Pola outra banda, rexistrouse no noso país un investimento en publicidade do 18,1% a respecto do anterior anos, chegando aos 873.000 euros.

Máis información no web da Federación de Gremios de Editores