Un informe constata o incremento da edición de libros nun 6,8 por cento

A Federación de Gremios e Editores presentará no Líber o Comercio Interior do Libro 2009

28/9/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: edicionliteratura
22 lecturas | Compartido 0 veces
En 2009 editáronse en Galicia 1.974 libros, un 6.8% máis que no ano anterior. Así o destaca o informe Comercio Interior do Libro relativo ao 2009 que edita anualmente a Federación de Gremios e Editores de España. O documento presentarase no Marco do Líber (Feira do Libro que arrinca mañá en Barcelona) pero Xornal de Galicia tivo acceso aos datos que revelan que nese ano, as editoriais do país facturaron 33 millóns de euros. Esa cifra evidencia o pequeno papel da edición galega con respecto á facturación estatal, xa que ésta superou os 3.190 millóns.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Lugares