O Cabo Fisterra como patrimonio europeo destaca entre as novidades de Galicia para FITUR

Preparar as maletas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O mércores comeza en Madrid unha nova edición da feira de turismo, FITUR, o evento turístico máis importante do Estado. E alí, a través de Turgalicia, haberá unha escolma da oferta turística do país. A divulgación de Cabo Fisterra como patrimonio europeo, a presentación do portal que recolle a nova oferta turística de Lugo, degustación de produtos gastronómicos do Grove e a cultura mariñeira de Arousa Norte son algúns dos actos programados para estes días. A actividade pechará o sábado coa actuación da rondalla Añoranzas de Ferrol.

Máis información no web de Fitur, o portal Lugoturismo.com

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con FITUR, Turismo, Lugo, Fisterra...