Todas as propostas turísticas de Galicia exhíbense baixo o paraugas de Turgalicia en Fitur

Un escaparate

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Nós sabemos que Galicia é un atractivo destino turístico. Pero con sabelo non é suficiente polo que hai que dalo a coñecer. Para iso están citas como “Fitur”, a Feira internacional de Turismo en Madrid que concentra a 170 países e rexións desde o vindeiro 25 de xaneiro. No evento presentaranse as novas liñas estratéxicas de Turismo de Galicia, así como iniciativas puntuais como o turismo da Costa da Morte, os recursos turísticos da Ribeira Sacra, os programas Ourense activo, Compostour (o Turoperador local de Santiago) e, entre outros, o plan do dinamización turística de Barbanza.

Máis información no web de Fitur e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con FITUR, Turismo, Turgalicia, Morte...