A Xunta avanza en Fitur os cambios na lexislación sobre turismo

GMT + 24:00

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Na xornada inaugural de Fitur, a feira internacional de turismo que se celebra en Madrid, a Xunta avanzou algunhas das cuestións da nova lei de turismo que pretende presentar no parlamento en decembro. Entre as principais novidades figura a reclasificación dos establecementos hostaleiros galegos, para adecuarse ao nivel real do territorio galego e crear unha marca propia da calidade no sector turístico. Ademais, A Xunta deu a coñecer que o Instituto de Estudos Turísticos para fomentar a investigación e a formación se situará na illa de San Simón.

Máis información sobre as novidades que se presentan en Fitur no noso tema e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, FITUR, Feira, Culturagalega...