Galicia presenta as súas novas campañas turísticas en Fitur

Concellos, deputacións e Xunta presentan audiovisuais para amosar os seus territorios

Concellos, deputacións e Xunta presentan audiovisuais para amosar os seus territorios
Fotograma de 100% Rías Baixas
Nestes días, se alguén quere coñecer en persoa a boa parte dos alcaldes e políticos galegos, pode achegarse a FITUR, a Feira de Turismo de Madrid. O principal escaparate da industria do sector turístico adoita ser o punto de partida de novas campañas turísticas que, ao tempo, axudan a comprender os valores do territorio promovidos polas Administracións públicas. Neste ano, as campañas foron moi diversas, pero sobrancean dous dos principais axentes do sector, Turismo de Galicia e o Patronato de Turismo Rías Baixas, que poñen nun rol central a abundancia de auga en Galicia, amosándoo como un valor positivo nun contexto de sequía e cambio climático na Península Ibérica. No caso da Xunta, coa campaña "Galicia é auga, Galicia é futuro" e no caso da Deputación de Pontevedra, coa respectiva "100% Rías Baixas". O concello da Coruña presentou a campaña "Cultura de vivir", no que a través de rostros coñecidos da cidade, dá conta da oferta cultural do municipio. Vigo reitera o impacto das luces de Nadal coa campaña "Vigo, millóns de visitantes, millóns de embaixadores" e o concello de Santiago publicou un vídeo de animación titulado Fráxil, no que dá conta dos valores da campaña educativa para turistas iniciada no verán, e no que destaca as principais actitudes do turismo masivo que son consideradas negativas. A provincia de Lugo presentou o vídeo "Lugo, Provincia de Sabor", no que ironiza sobre o propio discurso dos vídeos turísticos para alentar os valores gastronómicos do territorio.


A Coruña. Cultura de vivir



Vigo, millóns de visitantes, millóns de embaixadores



Santiago de Compostela Fráxil




100% Rías Baixas




Galicia é auga, Galicia é futuro (o vídeo promocional comeza no minuto 17)




Lugo, provincia de sabor




Camariñas sorprende