Pontevedra intégrase na rede Cidades Romanas do Atlántico

O proxecto, promovido por Irún, pretende promocionar conxuntamente vilas con restos desta época

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Aproveitar o pasado romano de Pontevedra como atractivo turístico. Este é o obxectivo co que a Cidade do Lérez vai asinar, o vindeiro día 21, o documento fundacional da rede Cidades Europeas do Atlántico. Esta iniciativa, promovida desde Irún, quere desenvolver actividades conxuntas de promoción de urbes que conten cun pasado romano. A constitución da Rede, composta polo momento por unha quincena de cidades, formalizarase o vindeiro 21 de xaneiro no marco da feira de turismo FITUR, en Madrid.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Atlántico, Feira, Turismo...