O Eixo Atlántico está a preparar unha estratexia de promoción conxunta do patrimonio histórico de época romana de Galicia e o norte de Portugal. A primeira xuntanza entre diferentes alcaldes galegos e portugueses celebrouse a mediados de decembro e, segundo avanzou La Voz de Galicia, un grupo de especialistas dos dous paÃses xa están a traballar no deseño dos contidos. O proxecto inclúe un itinerario que conecte os monumentos e elementos do pasado romano máis relevantes de Galicia e o norte de Portugal, e despois a potenciación e recuperación das vÃas romanas como elementos de interese turÃstico, "en especial a VÃa Nova que unÃa Astorga con Graba a través de Valdeorras e o sur de Ourense". A idea é optar a liñas de fondos europeos para desenvolver as actividades.