Lugo agarda que a Unión Europa continúe financiando a busca das vías romanas da provincia

O proxecto investiga as calzadas que unían Astorga e Braga

25/8/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
46 lecturas | Compartido 0 veces
Diferentes institucións coordinadas polo Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico (INLUDES) buscan o financiamento da Unión Europea para a segunda fase de desenvolvemento do proxecto Vías Atlánticas. A iniciativa busca recuperar as vías romanas que percorrían a actual provincial de Lugo e conectaban o convento xurídico coas outras cidades da provincia romana de Gallaecia. Na primeira fase do proxecto, os esforzos se centraron en localizar o trazado da vía XIX, que conectaba Braga con Astorga penetrando por Lugo. Nesta segunda fase, preténdese localizar o trazado que partía do Lugo romano en dirección sur cara Braga, así como limpalo, sinalizalo e divulgado, así como estudar o percorrido da vía XX, que era unha desviación da XIX que chegaba ata a Costa da Morte.
O obxectivo do proxecto non é tanto atopar o camiño orixinario, ás veces de localización moi díficil, senón crear un roteiro cultural. O proxecto de investigación e divulgación remitido á Unión Europea ten un custe de 1.6 millóns de euros, dos que se lle solicita á UE o 75%. A resolución está prevista para antes de final de ano.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
5 lugares identificados
Claves temáticas
Entidades
Conceptos