O proxecto de recuperación da Vía Nova medra coa ollada posta no UNESCO

Máis Vía Nova

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Hai xa anos que comezaron os traballos de recuperación da Vía Nova, a antiga calzada romana que unía Braga con Astorga. Agora, o grupo de concellos galegos e portugueses que desenvolven este proxecto, queren ampliar a iniciativa e sumar tamén as cámaras de Braga e de Amares, o Instituto Desenvolvemento da Deputación de Ourense (Inorde) e mais a Deputación de León para encarar o proxecto Geira III. A intención é que a Unión Europea aprobe o vindeiro día quince unha partida dos fondos Interreg III con este destino. A medio prazo, os promotores manteñen a vella idea de buscar o recoñecemento da UNESCO para o camiño.

Máis información en La Voz de Galicia, en La Región; no web sobre a Vía e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con UNESCO, Braga, La Región, La Voz de Galicia...