Reclaman a declaración da Vía Nova, antiga calzada romana, coma Itinerario Cultural

Camiño da cultura

3/9/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
A Fundación Aquis Querquennis de Bande está a ultimar as xestións para conseguir que a Vía Nova, antiga calzada romana que unía Braga e Astorga sexa declarada Itinerario Cultural. De conseguir o seu obxectivo, sería a segunda vía con esta cualificación en Galicia despois do Camiño de Santiago. A Vía Nova conta coa maior colección de miliarios existentes nunha estrada romana, nada menos que 284. Desde Aquas Querquennis anuncian tamén a organización dun simposio internacional os vindeiros días oito e nove en Bande no que se analizarán as orixes do cristianismo.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bande, Camiño de Santiago, Galicia Hoxe, Braga

Claves

Entidades
Lugares