Novos proxectos continúan a recuperación de Aquis Querquennis

Quérese protexer este campamento romano das augas do encoro das Conchas

17/12/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
39 lecturas | Compartido 0 veces

A Fundación Aquae Querquennae-Vía Nova, que xestiona o centro de interpretación do campamento romano Aquis Querquennis, en Bande, aprobou onte os seus proxectos para o vindeiro ano. Entre estas iniciativas está ampliar o traballo de escavación deste depósito e iniciar traballos para illar os restos das augas do encoro das Conchas, que os mergullan durante parte do ano. Ao tempo, a fundación aprobou editar dúas guías deste espazo e mais dunha páxina web e a vindeira organización dun simposio. En canto ao centro de interpretación, iniciáronse xa as obras de remodelación para desenvolver un proxecto museístico sobre as viaxes na época romana.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bande

Claves

Lugares