As obras regresan ao campamento romano Aquis Querquennis

A fundación solicitará ser declarado Ben de Interese Cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Logo de que en 2012 as obras do campamento romano Aquis Querquennae se paralizasen por falta de financiamento, a fundación que se encarga da xestión deste espazo retoma algúns traballos. Trátase da consolidación dos barracóns escavados en anos anteriores que se fan con cargo a 26.000 euros que a fundación ten aforrados. A entidade realizou unha reunión ordinaria na que decidiu, entre outras cousas, solicitar a declaración de Ben de Interese Cultural como paso previo a optar a ser Patrimonio da Humanidade.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Patrimonio da Humanidade