A Xunta inicia as xestións para declarar BIC o campamento romano de Bande

Incluirao no catálogo como "zona arqueolóxica"

26/12/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Xunta iniciou o proceso de incoación do campamento romano de Aquis Querquennis, en Bande, como Ben de Interese Cultural, a máxima categoría de protección do patrimonio cultural de Galicia. O xacemento, segundo a Xunta, "presenta un gran valor histórico e arqueolóxico e trátase, dentro dos existentes en toda a Península Ibérica, dun dos máis extensamente escavado, investigado e posto en valor". A proposta de declaración da Xunta inclúe tamén varios restos arqueolóxicos que están por fóra do recinto campamental: a mansio (pousada) ao carón da vía romana XVIII que se atopa nas proximidades do campamento. A publicación do expediente no Diario Oficial de Galicia é o primeiro paso cara a declaración do BIC.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bande, Ben de Interese Cultural, Península Ibérica, Arqueoloxía