O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe o expediente de incoación do BIC do conxunto arqueolóxico de Adro Vello (O Grove). AÃnda que o xacemento xa estaba protexido desde o punto de vista legal, o inicio do expediente supón incrementar provisionalmente as cautelas sobre o espazo ao nivel de Ben de Interese Cultural ata a súa incorporación definitiva a este rexistro e categorÃa patrimonial, onde figurará coa categorÃa de "zona arqueolóxica". O contorno de protección da zona, máis amplo, inclúe unha ampla e variada presenza de restos arqueolóxicos e bens culturais de moi diferentes épocas, desde evidencias do CalcolÃtico, un castro, o conxunto parroquial de San Vicente do Mar, incluÃndo a igrexa actual, a reitoral, cruceiros e fábricas de salga dos séculos XIX e XX. A que é propiamente a zona arqueolóxica, Adro Vello, e o espazo máis coñecido do conxunto. Este espazo, na praia do Carreiro, inclúe unha factorÃa de salgadura romana, unha vila, unha igrexa basilical de orixe altomedieval e unha complexa necrópole empregada ata o século XVIII. A área de delimitación abrangue todo o contorno do xacemento e supón unha secuencia cultural de miles de anos.