A Xunta declara bens de interese cultural o castro de Castromao e o campamento romano de Aquis Querquernnis

É a máxima categoría de protección patrimonial

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Os dous están en Ourense e son parte da nosa historia máis antiga. Hoxe, a Xunta anunciou procedementos relacionados con declaracións de ben de interese cultural para dous sitios senlleiros do noso patrimonio arqueolóxico: o castro de Castromao (Celanova) e o campamento romano de Aquis Querquernnis (Bande). No caso de Castromao, o Diario Oficial de Galicia publicaba hoxe a incoación do procedemento para declarar Ben de Interese Cultural o castro de Castromao, na categoría de zona arqueolóxica. Isto supón que gozará do máximo réxime de protección entrementres non se resolva o expediente. Por outra banda, o Consello da Xunta aprobou onte o decreto polo que declara BIC o campamento romano de Aquis Querquernnis e as estruturas arqueolóxicas próximas.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Bens de Interese Cultural, Ourense, Bande...