O Diario Oficial de Galicia publica este 10 de maio a resolución pola que se incoa o procedemento para declarar Ben de Interese Cultural o Pazo de Lourizán coa categorÃa de monumento. A declaración destaca o interese "arquitectónico, histórico, artÃstico, etnolóxico e cientÃfico-técnico" deste complexo, nado orixinalmente como granxa e que logo residencia do polÃtico Eugenio Montero RÃos. A posta en marcha do expediente supón a protección do espazo coas garantÃas de BIC mentres non se resolve a declaración, que ten un prazo máximo de 24 meses.
O pazo, proxectado polo mestre de obras Jenaro de la Fuente DomÃnguez entre 1909 a 1912 "posúe sobranceiros valores arquitectónicos e destaca como exemplo da arquitectura civil de estilo ecléctico, cos elementos configuradores propios do estilo coñecido como Segundo Imperio Francés, e se atendemos ao seu carácter e ás dimensións, pódese considerar único en Galicia", segundo informa o DOG.
Dentro do conxunto destacan os xardÃns e o arboredo integrado na finca, que a declaración considera "dos máis importantes de Europa". Con posterioridade, o espazo acolleu diferentes instalacións do Centro de Investigación Forestal (CIF). A declaración apunta que na actualidade "debe contemplarse a posibilidade da introdución de novos usos, tanto relacionados coa actividade de investigación como os da interpretación do patrimonio cultural e servizos para visitantes de carácter cultural e turÃstico".
A declaración afecta ao "edificio principal, a escalinata rotonda de acceso, pórticos e escaleiras laterais" asà como ás "construcións anexas da cabalarÃa, o patio traseiro" e mais aos peches e zonas pavimentadas próximas. Separados deste, tamén fan parte do BIC a antiga fábrica de augardentes e xeo artificial, a fonte dos Tres Canos, o lavadoiro, a Gruta dos Espellos, o MuÃño, o Parque das RÃas, o hórreo coa súa eira, o invernadoiro e mais o pombal. O expediente determina tamén un contorno de protección que inclúe "os espazos próximos e de relación entre os elementos relacionados co pazo e que teñen unha vinculación cos seus usos orixinais".
O expediente determina tamén as actuacións que se poderán desenvolver de cara á recuperación deste ben. Deste xeito, determina por exemplo que "as estruturas de madeira serrada da cuberta forman parte de intervencións máis recentes, polo que ao non ser elementos orixinais poderán ser substituÃdos mantendo a función orixinal e tomando en especial consideración a súa formalización e imaxe", mentres que "os pavimentos de madeira, os acabamentos decorativos de paredes e carpintarÃa interior orixinais respectaranse e procurarse a súa conservación Ãntegra", a favorecer no posible a reparación fronte á substitución dos elementos deteriorados. Tamén recomenda o desenvolvemento dun plan director que determine as posibles actuacións sobre o ben, que na actualidade só é visitable polo contorno exterior.
Ante o seu deterioro actual, o conxunto ten pendente traballos de conservación que, segundo ditou o Tribunal Superior de Xustiza, lle corresponde abordar á Xunta de Galicia.