A crise leva por diante a escavación en Aquis Querquennis

A Xunta retirou a axuda para a investigación arqueolóxica deste importante depósito

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Logo de doce campañas de investigación, este ano non haberá escavacións arqueolóxicas no depósito de Aquis Querquennis. Segundo recolle hoxe La Región, a Fundación Aquae Querquennae-Vía Nova non recibiu este anos a axuda de 35.000 euros da Consellaría de Traballo e Benestar, que sinalou que carece e fondos para sufragar esta iniciativa. A Fundación anunciou que, cos seus propios fondos, abordará traballos de consolidación de muros descobertos en anteriores campañas para evitar o seu deterioramento.

Para os vindeiros 14 e 15 de setembro, o centro de interpretación do depósito acollerá un simposio sobre Vías, viaxes e viaxeiros na Gallaecia antiga, que analizará as diferentes vías romanas que existiron no país.

O de Aquis Querquennis é un dos principais restos romanos que se conservan no país, con restos dun campamento, termas e parte da Vía Nova.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Región, Muros, Gallaecia

Claves

Entidades
Lugares