Galicia e Portugal aspiran a que a Vía Nova, unha antiga calzada romana, sexa declarada Patrimonio da Humanidade

Vía ao patrimonio

14/4/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Vía Nova ou Vía XVIII son os nomes da antiga calzada romana que unía Braga e Astorga pasando por Ourense e que ten mais de douscentos quilómetros de lonxitude. Esta vía atravesa no seu percorrido lugares dunha grande importancia ecolóxica e paisaxística, e é por si mesmo un vestixio histórico de primeira magnitude que conta con abondosos restos arqueolóxicos no seu contorno. Por estas razóns, a Xunta e o goberno de Terras de Bouro acaban de presentar en Lisboa un programa para tentar que este itinerario pase a ser declarado Patrimonio da Humanidade. O plan inclúe numerosas obras de rehabilitación e de investigación do trazado, así coma diferentes propostas para dar a coñecer a súa importancia.

Máis información en La Voz de Galicia e nas nosas noticias sobre a vía

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Patrimonio da Humanidade, Portugal, Culturagalega, La Voz de Galicia...