O Camiño Primitivo, o Ferrol da Ilustración e mais a Torre de Hércules avanzan postos para seren candidatos españois a Patrimonio da Humanidade

Pasiños patrimoniais

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Só é un paso nun longo camiño, pero supón un indubidable avance. O Camiño Primitivo de Santiago, conxunto do Ferrol da Ilustración e mais a Torre de Hércules acaban de ser incluídas polo Consello do Patrimonio Histórico Español na lista indicativa A, da que se escollen os candidatos á declaración de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Ata o de agora, estas propostas estaban nunha lista de agarda que imposibilitaba que o organismo internacional as tivese en conta. Polo momento, o Camiño Primitivo é o que conta con maiores posibilidades neste proceso, xa que a proposta suporía unicamente ampliar a declaración que xa ten a Vía Xacobea.

Máis información no web da Xunta ; en La Voz de Galicia; en Galicia Hoxe; o noso tema sobre o proceso de selección; máis sobre as propostas nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Primitivo, Patrimonio da Humanidade, Torre, Ferrol...