Cultura prioriza a Torre de Hércules e o Ferrol da Ilustración como candidatas a Patrimonio da Humanidade

Prioridades para a UNESCO

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Torre de Hércules, na Coruña, e mais o conxunto do Ferrol da Ilustración presentáronse hoxe como candidatas galegas a Patrimonio da Humanidade. A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, visitaba hoxe estas cidades para dar o apoio do seu departamento a estes bens patrimoniais, que comparten espazo na lista coa Ribeira Sacra como candidatura galega e mais cos Ancares e o Camiño Norte como propostas conxuntas con outras comunidades. No entanto, segundo sinalou o director xeral de Patrimonio, Felipe Arias, as propostas da Coruña e de Ferrol están mellor delimitadas e contan con máis posibilidades de ser seleccionadas entre as dúas que o Consello do Patrimonio Histórico Español lle enviará á UNESCO, e que decidirá o vindeiro mes de outubro.

Máis información e os informes das propostas no web de Cultura; en La Opinión; máis sobre o proceso das candidaturas no web do Ministerio de Cultura; no noso tema sobre candidaturas galegas nesta nova, e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Ferrol, Culturagalega, Patrimonio da Humanidade...