A Torre de Hércules é a candidata española a ser declarada Patrimonio da Humanidade

Un faro cara a Unesco

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
É o faro romano máis antigo do mundo que continúa en funcionamento. E desde hoxe tamén é a candidata española a ser declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco. O faro coruñés vén de pasar a criba do Consello de Patrimonio Histórico Español reunido hoxe en Cartaxena na primeira vez que se presentaba. Felipe Arias, director xeral de Patrimonio, e representante galego nesa xuntanza considerou un “éxito” a unanimidade coa que a torre herculina superou a primeira peneira. Ademais, indicou que a Consellaría de Cultura seguirá apostando polo Ferrol da Ilustración en seguintes edicións.

Máis información en La Voz de Galicia, no web da consellaría dossier da torre e a nota de prensa e sobre o faro na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Patrimonio da Humanidade, UNESCO, Torre de Hércules...