A Torre de Hércules será rehabilitada mentres aspira a ser Patrimonio da Humanidade

Torre erosionada

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Inmersos na carreira de celebracións e, ao mesmo tempo, de documentación para ser declarada Patrimonio da Humanidade, o deterioro da Torre de Hércules continúa imparable. Por iso, as tres administracións implicadas na súa xestión (o Estado a través da Autoridade Portuaria, o Concello e a Xunta) están a buscar financiamento para acometer medidas de reforma. De feito, segundo publica hoxe “El País” a finais deste mes, técnicos da Consellaría de Cultura rematarán un informe que diagnosticará o estado da Torre e que ofrecerá solucións ás súas doenzas. Mentres, a UNESCO decidirá en menos dun mes os 47 monumentos que competirán por obter no 2009 a declaración de Patrimonio da Humanidade.

Máis información en El País e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Patrimonio da Humanidade, Torre de Hércules, El País...