O Goberno Español non defenderá polo de agora ante a UNESCO ningunha candidatura galega a Patrimonio da Humanidade

A situación do patrimonio

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Ministerio de Cultura explicou, en resposta a unha solicitude do BNG, que os próximos conxuntos que proporá na UNESCO para Patrimonio da Humanidade serán as cidades de Übeda e Baeza e a ampliación do título á obra completa de Gaudí. Quedan na reserva, onda outras vinte propostas, a Ribeira Sacra e Os Ancares. Aínda noutra lista de 67 candidaturas está a de Ferrol. O Goberno só pode facer propostas unha vez cada dous anos, polo que aínda haberá que agardar para que este organismo tome en consideración os bens galegos. .

Máis información na edición de hoxe de El Progreso; sobre a candidatura de Ferrol en culturagalega.org

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Patrimonio da Humanidade, UNESCO, Culturagalega, Ferrol...