O CSIC chama a potenciar a Vía Nova cun amplo estudo

Salienta a importancia patrimonial desta infraestrutura romana

15/3/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Vía Nova, calzada que une Astorga con Braga e fai boa parte do seu percorrido por territorio galego, "fai parte dun sistema orientado cara ao control do territorio e a súa explotación". Así o asegura o Estudio del trazado de la vía XVIII (Via Nova) en su tramo español que presentou onte o Centro de Ciencias Humanas y Sociales (CCHS) del Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). A investigación, inclúe un detallado estudo cartográfico do trazado e recolle as estruturas viarias conservadas, os miliarios e mais as mansións vencelladas á vía, ao tempo que aborda a importancia histórica e patrimonial da infraestrutura.

Canda isto, no texto propóñense 15 áreas de actuación distribuídas ao longo da vía, cada unha das cales céntrase nunha característica particular do conxunto do traxencto. O CSIC fai tamén unha proposta de sinalización e difusión deste patrimonio para lograr que sexa máis coñecido e valorado pola sociedade.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CSIC, Braga

Claves

Entidades
Lugares